viernes, 21 de diciembre de 2012

Aquí vos deixamos unha serie de libros recomendados para Infantil e 1º Ciclo

sábado, 15 de diciembre de 2012




LECTURA COLECTIVA   3º CICLO DE PRIMARIA

Os alumn@s de 3º ciclo de Primaria elixiron "Mil cousas poden pasar como lectura colectiva para o 2º trimestre.  Se pinchas na foto podes saber algo máis do autor.


SINOPSe

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serranogañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.
DATOS DO LIBRO
Nº de páginas: 232 págs.
Editorial: XERAIS
Lengua: GALLEGO
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788499140483
Año edicón: 2009
Plaza de edición: VIGO
Autor: Juan Jacobo Fernández


martes, 11 de diciembre de 2012





"PATENTE DE CORSO"

Álbum infantil ilustrado. Poemario de Rafa Vilar premiado pola Fundación Xosé Neira Vilas co Arume de Poesía 2011





domingo, 9 de diciembre de 2012



Os nenos e nenas do terceiro ciclo fixeron  traballos de investigación sobre a Constitución.Aquí tedes as fotos dalgúns traballos realizados.
Fotos
 
Copyright (c) 2010 Blog da Biblioteca do CEIP Julio Gurriarán. Design by Wordpress Themes.

Themes Lovers, Download Blogger Templates And Blogger Templates.