luns, 9 de xaneiro de 2012

Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro


                   

 

 O 6 de Xaneiro celebramos o centenario do nacemento do  escritor Celso Emilio Ferreiro .Preme no enlace para coñecer a súa biografía



OBRAS

 Poesía:
  • Cartafol de poesía (1935)
  • O sono sulagado (1954)
  • Longa noite de pedra (1962). 
 LONGA NOITE DE PEDRA

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.





  • Viaxe ao país dos ananos (1968)
  • Cantigas de escarnio e maldicir,1968
  • Terra de ningures (1969)
  • Paco Pixiñas (1970)
  • Cemiterio privado (1972)
  • Antipoemas (1973)
  • Onde o mundo se chama Celanova (1975) remata  con quince poemas titulados en conxunto Moraima.
 Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
(...)
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima

  • Homenaxes («Homenajes», 1979, póstumo)
  • Celso Emilio Ferreiro para nenos, 1988
            Irmaus:poema de Celso Emilio Ferreiro e música de Fuxan os Ventos


            

Narrativa:
  • A fronteira infinida (1972)
  • A taberna do galo (1978)





Ningún comentario:

Publicar un comentario