martes, 14 de mayo de 2013

MAGÍN BLANCO:" A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

Hoxe Magín Blanco presentou no cole o seo novo libro-Cd " A nena e o grilo nun barquiño"

O valdeorrés compositor, músico e escritor Magín Blanco, dá nesta segunda entrega de A nena e o grilo un novo paso,ademáis de escribir as letras das cancións,crear os contos que lle dan fío conductor á viaxe das personaxes e ao espectáculo,decide deixar un espazo no libro ás creacións dos nenos e nenas que coas súas achegas farán que o libro sexa único.Na viaxe de a nena e o grilo nun barquiño os acompaña Leandro Lamas como ilustrador do conto.
Os nenos e nenas do cole tamén pintaron as ilustracións do libro:


No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos,disfrutamos e aprendemos as súas cancións,e o seu xeito de mirar o mundo.
A nena e o grilo nun barquiño é a segunda entrega de a nena e o grilo.
Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuaran descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior.
as aventuras inciden na solidaridade,o respecto, a natureza,a identidade,o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea.
en trece capítulos,coas correspondentes cancións,irán vivindo singulares aventuras.
Iste conto soa:a bicos roubados, a Beatles, armonías vogais,retrousos contaxiosos...
Nos conta unha historia dunha viaxe,onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir.
Ademáis é un espectáculo onde se expresa a través das artes:música teatro,narrativa,ilustración,e poesía
O proxecto conformase por un libro cd editado por Fol Música,e un espectáculo músico teatral para amosar toda esa maxia en vivo.Por certo se queredes desfrutar do espectáculo o día 11 actuarán no Barco.




PROXECTO: A AUGA

Libros da biblioteca do centro para a realizar o proxecto:


Recursos da rede
Cuéntame el agua guia de  recursos e lecturas para nenos sobre a auga.
                                      

Las aventuras de fluvi







domingo, 5 de mayo de 2013

DÍA DE EUROPA


O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a  súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o  mantenemento de relacións pacíficas.

Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman",  considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea. 


O 9 de maio sconverteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa
bandeira, o himno, o lema e a moneda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que acercan a Europa aos seus ciudadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión.

martes, 30 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Clica para diminuír

Este ano adicamoslle as Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño
Recursos do Seminario Galán
Biografía e obra E.I

Biografía e obra 1º Ciclo
Biografía e obra 2º Ciclo
Biografía e obra 3º ciclo


Brincaletras Roberto Vidal Bolaño ( espazo abalar)

Na rede
Telexornal Vidal Bolaño











VISITA DE SUSA HERRERA



                                             

Para rematar este mes de abril visitounos Susa Herrera coa que os nenos de infantil e primeiro ciclo o pasaron fenomenal cantando as cancións do seu libro dvd En Cabárceno se oye cantar.
Todos os seus libros

El gorila incluído no Dvd